top of page

Ola a tod@s!!

 

O meu nome é Alejandro e aínda que me custa moito definirme, direi de min que me considero unha persoa de mente aberta e con moitas ganas de aprender e vivir novas experiencias, que un bo día se decidiu a estudar Enxeñería Industrial. Aínda que o camiño non foi fácil, estou moi contento de ter elexido esta carreira, pois aportoume moitos coñecementos e a aprender o valor do esforzo. Agora, unha vez conseguido o título e con máis de dous anos de experiencia no mundo laboral, estou preparado para asumir novos desafíos que me permitan seguir aprendendo e crecendo como profesional.

 

A miña experiencia laboral ao longo destes máis de dous anos centrouse fundamentalmente en dous campos, por unha banda elaboración de proxectos de edificación industrial (climatización, electricidade, fontanaría, saneamento, protección contra incendios, certificación enerxética do edificio,...) e doutra banda, elaboración de propostas técnicas para proxectos relacionados co sector das novas tecnoloxías e xestión de documentación asociada. Tamén mentres estudaba impartín clases particulares e traballaba de forma puntual en hostalaría.

 

Actualmente atópome en situación de desemprego e en busca dunha oportunidade laboral onde poida pór en práctica e desenvolver as miñas capacidades e experiencia.

 

Paralelamente a isto e mentres non atopo traballo, decidinme a cursar o Máster de Profesorado, o cal me abrirá as portas para nun futuro poder opositar a profesor de secundaria, un campo que sempre me gustou. Mentres tanto, retomei as clases particulares a domicilio na zona de Santiago de Compostela e arredores.

 

Noutra orde de cousas, disfruto moito coa lectura (especialmente novela costumista) e o deporte. Outra das miñas paixóns é viaxar; descubrir novos lugares e xentes resulta sempre enriquecedor.

 

bottom of page